Saltear al contenido principal
Álex Vila: «O Equipo Afronta A Situación Con Traballo E Máis Traballo»

Hoxe falamos con Álex Vila, xogador de Gondomar que se incorporou esta tempada ao equipo, e que ven sendo un fixo nas derradeiras alineacións de Víctor Santos.

P: Análise do encontro ante o San Martín.

R: A primeira metade non foi boa, tiñamos a posesión do balón pero non xeramos ocasións reais de gol. Faltou solided defensiva e meter un punto máis de ritmo. Así chegou o gol visitante. Na segunda parte saímos mellor ao campo, máis dinámicos e con boas triangulacións, seguemos co problema de transformar as ocasións en gol. Foi unha magoa o penalti e os balóns que se pasearon pola línea de gol. Foi un punto que soubo a pouco contra un bo San Martín.

P: ¿Cómo afronta o equipo para este tramo final? 

R: O equipo afronta a situación con traballo e máis traballo, e pese ao que pasa, o grupo segue moi unido.