Saltear al contenido principal
Antón Cabado: «Estou Contento De Poder Voltar Axudar Ao Equipo»

Hoxe falamos con Antón Cabado, xogador que se incorporou esta tempada ao equipo, e que voltou tras un longo período afastado dos terreos de xogo por lesión. A pasada fin de semana voltou como decimos, e foi da partida de Víctor Santos no encontro ante o Atlético Cuntis.

P: ¿Cómo son as sensacións logo da túa volta?

R: Pois moi contento de voltar a xogar despois de pasar por unha fea lesión. Pouco a pouco vou recuperando sensacións, e estou moi feliz pola confianza do mister, tendo en conta que era o primeiro partido logo da lesión. Contento tamén pola victoria do equipo, e máis por axudar cun gol.

P: ¿Cómo afrontades os encontros que quedan? 

R: Temos que xogar como sabemos, con confianza, e intentar gañar os dous partidos que restan para acabar como merecemos, despois dunha tempada na que a sorte non estivo do noso lado.