Saltear al contenido principal
Antonio Gómez, Novo Adestrador Do Gondomar CF

Antonio Santiago Gómez Fernández máis coñecido como Antonio Gómez, nado en Vigo o 13 de xullo de 1957, é o novo adestrador do Gondomar CF. Foi xogador do Real Club Celta, e debutou no 1976 na  Primeira División. Dous anos máis tarde cambiou Balaídos pola La Romareda, xogando tamén co cadro maño na Primeira. Voltou a Vigo, permanecendo nas filas celestes ate 1984. Durante a súa carreira deportiva, Antonio Gómez xogou no centro da defensa, tanto de central como de libre. Chegou a ser internacional nunha ocasión coa Selección Española Sub-21​.

Unha vez que colgou as botas, deu o salto aos banquillos, cunha ampla carreira. Adestrou ao Juvenil de Ponteareas, pasando posteriormente ao Celta B, Pontevedra CF, CD Numancia co que ascendeu a la Segunda A trala súa incorporación en decembro de 1996. Máis tarde adestraría ao Real Valladolid B, FC Cartagena, Benidorm CD, Club Deportivo Ourense e Cultural Leonesa en el 2007. No 2010 o Real Murcia contratouno para dirixir ao filial en Terceira División logo de adestrar ao CD Choco. No 2011 convertiuse en adestrador do Porriño Industrial CF. En xuño de 2012 os dirixentes do Coruxo Fútbol Club​ fixeron oficial a contratación como novo entrenador do equipo verde para a temporada 12/13, sucedendo a Josiño Abalde, sendo o adestrador previo a Rafa Sáez. O 26 de decembro de 2015 incorpórase como novo adestrador da AD Mérida trala destitución de Ángel Luis Alcázar. O 22 de xuño de 2017, voltou á casa que lle viu saír como xogador, adestrando ao Gran Peña na primeira autonómica​.

Coñecedor da historia do Clube, e de moitos campos e equipos da categoría, traballador nato e motivador, este home de retos asume a dirección do Gondomar CF co obxectivo de poñer ao noso Clube, á altura da súa historia.

Benvido Antonio, e moitos éxitos, que serán os nosos.