Saltear al contenido principal
Bo Punto Dos Nosos En Salvatierra, Que Fainos Recurtar Distancias Co Líder (CRÓNICA)

Gran encontro o que presenciaron os siareiros de SD Salvaterra e Gondomar CF en Dextros, que respondían á chamada do conxunto local para presenciar o partido ante un histórico. A multitude de ocasións e un gol anulado aos nosos, os protagonistas.

Na primeira metade os nosos controlaron o encontro ante un rival con  empuxe, que tentou facer dano saíndo á contra, algo que evitou moi ben a nosa zaga. Os nosos remataban todas as xogadas, e conseguiron dominar dende atrás. O poder no medio do campo foi total, e esa comodidade plasmouse no verde, onde as ocasións sucedíanse. Así un traballador Ramilo tivo a primeira para os homes de Antonio Gómez. Ozores tamén dispuxo algunha ocasión tras boas xogadas dende a banda de Kevin e Xabi. Pocuco traballo tiña un Sebas moi activo, en constante comunicación cos seus. Brais e Dani tentaban iniciar xogadas e estiveron moi ben nas transicións. A primeira metade acabaría co cero a cero inicial, tras anularse no tempo de engadido un gol a Ramilo, por suposto fora de xogo; algo difícil para observar polos colexiados nesta categoría, se ben semellaba non selo.

Na segunda metade o partido equilibrouse e os nosos acusaron un pouco o pesado que estaba o campo, se ben tentaron en todo momento de atopar a meta visitante, e Pablo Ozores puso en ventaxe aos nosos tras unha gran xogada individual. A partires de ahí, o Salvaterra buscou o empate á desesperada. Nalgunha contra poidemos matar o encontro, non estivemos acertados e os locais empataron o encontro nunha boa xogada. O marcador non se movería e sumaríamos un importante punto nunha salida complicada, recurtando un punto ao líder e continuando en postos de play off. A vindeira semana recibimos ao Tomiño na casa.

FICHA TÉCNICA

SD Salvatierra: Antonio, José A., Pedro, Borja, Jonathan, Mario, Diego, Rubén, Cándido, Gabriel e Daniel. Tamén xogaron Rafa, MArio, Cristian e Iván.

Gondomar CF: Sebas, Javichu, Marcelo, Romero, Dani Cabezas, Xabi Pereiro, Javi Martínez, Kevin, Brais Ramilo e Pablo Ozores. Tamén xogaron Mario Costa, Álex Oya e Mario Fernández.

Goles: 0-1 Ozores 52´e 1-1 Cándido 80´.

Árbitro: Antonio Fernández González, do colexio de Vigo. Amonestou pola nosa parte a Kevin, Romero e Ozores; e pola quenda visitante a Jonathan e Noel.

Incidencias: Partido disputado no Campo de Dextros, ante unhas 150 persoas, nunha tarde no que o tempo respetou bastante, e correspondente á xornada 11 de liga.