Saltear al contenido principal

Escudo do Gondomar CF

O Clube tivo, ao igual que distintas denominacións ao longo da súa historia, diferentes escudos que atendían a nome e modalidades deportivas, aínda que pouco se sabe diso. Pódese intuir por diferentes fotografías, o escudo dunha primeira etapa baixo o nome de Gondomar Sporting Club, onde unhas letras en cor vermella identificaban como emblema a nosa entidade, inscritas nun círculo.

Posteriormente pasouse ao actuar, conservando a forma circular anterior, e engadindo un cartel superior coa denominación Club. Dentro do círculo represéntase a Ramallosa e o Río Miñor. Sobre a ponte está a mitra abacial de San Bieito, e a barca no río representa a localidade de Baiona. Diferentes directivas mudaron zonas tintadas e cores ao longo da historia.

Poido ser que parte da idea do escudo fose utilizada pola existencia do antigo Miñor FC, fundado no 1922 no noso pobo. Houbo unha idea de crear no seu tempo un gran Clube no Val. Pretendían que o nome fose «Valle Miñor» (máis tarde apareceu un equipo con ese nome), e querían mesmo emprazar o campo á beira do río de tal nome, onde existiu unha central de fabricación de formigón, en onde estivera anteriormente emplazado o antigo campo do Vilariño.  Chegouse a producir unha reunión entre comisións dos tres municipios e a idea non saiu por falta de acordo. De ahí que o noso Clube quedase coa idea do escudo.