Saltear al contenido principal

Campo De Futbol Municipal As Gaiandas

O Campo das Gaiandas é de céspede natural, e conta con medidas de 102 x 60 como superficie de terreo de xogo. Está equipado con moi boa iluminación e é apto para a disputa de campionatos estatais de base, ou finais de competicións autonómicas. O graderío conta con capacidade para 2.000 persoas, e o recinto dispón de todas as medidas de seguridade e comodidade, cumplindo coa lexislación vixente. Adaptado para xente con mobilidade reducida, conta con tres completos aseos, vestiarios, zonas comúns, cantina e oficiña do Clube.

Vestiario

O vestiario local no é o orixinario do campo, foi froito dunha obra da historia recente do Clube, quedando o anterior vestiario local para os árbitros, a fin de gozar de mellores espazos e con máis comodidades. Na obra, incluironse aseos e dous compartimentos máis, un coa función de pequeno almacén, e outro que serve de lavandería á entidade.