Saltear al contenido principal

Imaxe corporativa Gondomar CF

Tras un futuro incerto cheo de malas novas onde semella que a entidade tería un complexo futuro no verán de 2018, chegou á presidencia do Clube Moisés Iglesias, cun claro obxectivo de voltar a enganchar á xente do pobo ao Clube, e poñer ao día a entidade no que a imaxe e comunicación se refire. Así, o Clube potenciou páxina web e redes sociais para chegar á xente, onde hoxe en día son milleiros de persoas as que nos seguen, e onde teñen todo tipo de información do Clube, de primeira man. Nese senxo, un dos problemas que atopouse era a falta de grafía no escudo do Clube, para poder publicar con calidade á corde o traballo que se viña facendo.

Así, e co obxectivo de enganchar á xente nova, creouse unha imaxe corporativa deseñada polo gondomareño Mak Aguiar. En homenaxe ao primeiro escudo do Clube utilizouse una letra como facía no seu tempo o símbolo do Gondomar Sporting Club, e engadiuse unha delicada línea vermella en homenaxe á cor inicial da nosa entidade. A súa vez e atendendo a todos os anos que nos precederon e á centenaria historia, engadiuse o ano de fundación do Clube.

Esta imaxe non ven a sustituir ao escudo, se ben o seu uso é estricto nas publicacións de orde social e de comunicación, dando unha imaxe de modernidade, pero respetando a tradición.