Saltear al contenido principal
Convocatoria Asamblea Ordinaria

O presidente do Clube D. Moisés Iglesias Diego, en representación da directiva que dirixe, asinou o 28/09/2019 a convocatoria de Asamblea Ordinaria, no que se tratarán os seguintes puntos:

  • Lectura e aprobación, se procede, de acta anterior
  • Directiva. Ceses, altas e presentacións. Funcións.
  • Situación económica do Clube. Balance anterior e novo presuposto.
  • Situación deportiva do Clube. Balance anterior e proxecto.
  • Rogos e preguntas.

A cita será o domingo 27 de Outubro no Centro Neural de Gondomar (Policía Local), a primeira convocatoria está posta para as 11:45 horas, sendo a segunda convocatoria ás 12:00 horas.