Saltear al contenido principal
Dani Cabezas: «Queremos Que Chegue O Domingo Para Cambiar Esta Dinámica»

Seguimos co formato de entrevistas esta tempada, onde debuta Dani Cabezas, que ven de facer un bo partido o domingo. O de Vigo chegou esta tempada ao equipo procedente do Mondariz CF, logo de xogar con eles na Preferente a tempada pasada.

Pregunta: Valoración do encontro do domingo.

Resposta: penso que o partido foi unha decepción, xa que viñamos da derrota do encontro anterior e chegabamos con moitas gañas de volver a conqueruir unha vitoria, e máis na nosa casa e diante da nosa afección.

P: ¿que crees que fallou para no puntuar no partido da semana pasada?
R: eu penso que cando se perde é porque hai cousas que non se fixeron ben, e hai que melloralas. Primeiro penso que non podemos permitir encaixar tantos goles nun partido, porque é moi difícil facelos e imaxina ter que facer tantos goles para conseguir unha victoria, e logo penso que á hora de ter o balón tiñamos que ter máis calma con él e move-lo dun lado para o outro como facemos nos adestramentos, e como fixemos noutros partidos.

P: ¿cómo afronta o equipo o partido desta semana e ti a tempada a nivel personal?
R: despois de dúas derrotas seguidas queremos que chegue xa o domingo pra cambiar esa dinámica negativa. Sabemos que o partido non vai ser doado porque nesta categoría non hai rival doado, pero hai que confiar neste equipo. A nivel persoal quero axudar tanto ó equipo como ao clube no que poida e que podamos conseguir o maior dos éxitos xuntos .