Saltear al contenido principal
O GCF ESports Debuta Presencialmente Próximamente, En Ourense

O noso equipo de eSports arrincará a competición de forma presencial este domingo, en Ourense. Faráo nun evento oficial no que compiten equipos de toda a xeografía española, e será o debut in situ, da nosa nova modalidade deportiva.

Do día 3 ao 6 de maio, cóntanos o responsable Juanjo Santos, «iremos a Ourense a un evento ao cal asistirán centos de persoas cos seus ordenadores para convivir e xogar xuntos durante 3 días. Dentro de este evento, organízanse varios torneos de diferentes xogos ou modalidades, aínda que o Gondomar CF participará na de CSGO».

Respecto a competición, engadiu que «para nós está ben como primeiro contacto de manera presencial, para ir fortalecendo o equipo; malia iso, o noso obxectivo non e outro que gañar o torneo, pois creo que temos equipo para facelo e dende o primeiro día hai que competir por estar entre os mellores».

Nese evento estrearanse as novas camisolas, e será o primeiro contacto coa afición de eSports coa que vai contando o Clube, pois algún aficionado xa confirmou asistencia.

Dende o Clube estamos moi ilusionados co evento, e desexamos aos nosos o maior dos éxitos, a fin de que poñan o nome do Gondomar CF nos mellores postos, algo importante para a marca de Clube.