Saltear al contenido principal
Empate Ante A Un Gol Ente El Dena En Gaiandas (CRÓNICA)

Bo partido dos nosos en lineas xerais, inda que mellor na primeira parte que na segunda, e a pesar de contar con numerosas baixas. Unha circunstancia persoal levounos a non poder contar con Fabio, Carlos por lesión, ou por acumulación e sanción, Kike e Villar.

Arrincaba a primeira metade co equipo de Víctor Santos moi ben plantado sobre o terreo de xogo, e con moita profundidade, o cal traduciuse en máis achegamentos á área rival. O Unión Dena non pasaba do medio do campo e os nosos dominaban o encontro, con achegamentos sin excesivo perigo á meta visitante. Faltounos algo de chispa nos derradeiros metros, e iso pagámolo de cara a non levar vantaxe ao descanso, e ir co 0-0 inicial aos vestiarios no tempo de lecer.

Na segunda metade o Unión Dena estivo algo mellor, e buscou a través de balóns moi largos, sorprender á nosa defensa, o que levoules a anotar o 0-1 logo dunha perda nosa preta da nosa área, anotando vantaxe para os de Juan. O equipo repúxose e cos cambios tentamos de dar frescura ao encontro, e así pouco a pouco fomos recuperando metros, aínda que con moitas imprecisións. Nada estivo exento de polémica, pois os visitantes reclamarían un penalti e un gol anulado por fora de xogo, o que supuxo que nunha contra sufriramos nos un derribo na ára de Óscar, e Ozores transformase dende os once metros establecendo o empate definitivo.

FICHA TÉCNICA

Gondomar CF: Álex Vila, Agus, Romero, Javi, Costas, Ozores, Samu, Raúl, Antón, Mintes e Bas. Tamén xogaron Adri Iván Domínguez e Villa.

Unión Dena: Óscar, Giao, Martín, Álex, Gabi, Erbela, Rosal, Brais, Portela, Oubiña y Barbi. Tamén xogaron Kata, Adrián, Pedro e Táboas.

Árbitro: Abel González Martínez, asistido nas bandas por Eros Lorenzo Álvarez e José Rogelio Veiga Barciela.

Goles: 0-1 Portela 42´ e  1-1 Ozores 90+2´.

Incidencias: Partido disputado no campo das Gaiandas, ante unhas 100 persoas, correspondente á Xornada 34 de Liga.