Saltear al contenido principal
Este Domingo, Gran Triangular En As Gaiandas

Chega o II Trofeo Val Miñor, e nesta quenda os equipos invitados son os veciños do Racing Vilariño e o Balaídos dun vello coñecido, Jesús, quen fora axudante de Julio Buylla na nosa entidade. Tres partidos que escomezarán ás 18, 19 e 20 horas.

Abrirase co derbi miñorano entre os nicrarienses do Racing Vilariño e os nosos como anfitrións. Posteriormente os nosos seguirán xogando e farano ante o Balaídos. Na quenda final, o equipo olívico seguirá no campo para enfrontarse ao Racing Vilariño.

Coidamos unha nutrida presenza de siareiros e siareiras nas bancadas, mirade que o Celtiña xa xogou, e recordade que temos a disposición os carnets de soci@ para retirar, ou a posibilidade de facerse novos. Tamén teremos dispoñible dende este domingo, a lotaría e as participacións do Clube. Un gran reclamo polo que non podes faltar.

A entrada é gratuita, agardámoste!!