Saltear al contenido principal
Este Sábado E Domingo, Exaltación De Polbo á Feira, Callos E Churrasco, Nas Gaiandas

O sábado e o domingo, celebramos nas Gaiandas, aberto a todo o mundo e cos prezos máis populares que poidas atopar, a exaltación gastronómica de callos e polbo á feira, que poderás complementar se che queda sitio no corpo, cunha boa ración de churrasco. Unha festa para vivir en compaña de todos os que alí nos xuntaremos. Haberá unha gran carpa para poder facelo sen temer polas inclemenzas do tempo, inda que dan bos días. Música, festa rachada e o II Torneo Internacional do Gondomar CF, para vivir unha festa inesquecibel nestas datas tan especiais. Contamos contigo, non faltes!!