Saltear al contenido principal
Fútbol E Gastronomía No Gondomar Cf Para Despedir A Tempada
O Clube despide a tempada esta fin de semana con dous eventos o sábado 8 e o domingo 9, con aroma de fútbol e sabor gastronómico. No campo das Gaiandas dende as 10:20 da mañá, pasarán esta fin de semana máis de 400 deportistas de pequena idade nuns torneos de carácter internacional, e que contan con presenza de equipos das catro provincias galegas. Fútbol total onde todos mediranse en fases de grupos e eliminatorias posteriores, con fase de consolación incluida. Haberá agasallo para todos os clubes participantes.
Por outra banda, o sábado haberá unha gran churrascada á hora de comer, onde están animados a participar todos os veciños do Val Miñor. Entre outros productos, tamén haberá hamburguesas de porco celta, directamente dende os mellores proveedores do centro de Galicia. O domingo máis do mesmo, pero o prato forte será o polbo á feira, que dende as doce e media poderá ser degustado polos presentes.
Unha oportunidade de ouro para pasar a fin de semana en familia, e podes desfrutrar dos productos da nosa terra, apoiando ao deporte miñorano.