Saltear al contenido principal
Gran Partido Ante O Campolameiro, Sen Premio Na Chanciña (CRÓNICA)

Era moi complicado, o compromiso que tiñamos o domingo en terras pontevedresas, ante un equipo co que empataramos a un gol no encontro de ida nas Gaiandas. Con abafante calor na Chanciña, disputouse un encontro no que a noticia estivo na grave lesión do meta local Vlady, ao que desexamos unha pronta e boa recuperación, a fin de velo novamente nos terreos de xogo o antes posible.

Comezamos un pouco dubitativos e algo fora do partido, os locais querían unha vitoria que lles permitise seguir con opcións de play off de ascenso, e saíron a por todas dende o minuto un. Con ideas moi claras e un bo movemento de balón, sometéronos nos primeiros quince minutos, aínda que sen xerar perigo sobre a meta dun atento Juan. Se ben nunha xogada illada un erro no medio campo levounos a que tras un roubo saísen con rapidez, e nos montasen un ataque que rematou co único gol do encontro. Víctor Santos reaccionou moi rápido e moveu ficha, retirando a Iván do campo e dando entrada a Fabio. O encontro camiou, e sucedéronse as ocasións cun Bas moi activo en ataque, cun gran Ozores e co bo traballo de Kike Vila. No medio do campo Villar e Raúl mandaban, e a defensa xogaba cómodamente o balón. Metemos no seu campo ao noso rival e a pesares de que tivemos tres claras ocasións e con varios saques de esquina, fomos ao descanso co un a cero inicial.

Na segunda metade o equipo inda estivo mellor, o Campolameiro trataba de deter o ritmo con constantes interrupcións e faltas que freasen o noso ritmo. Co carrusel de cambios gañamos en profundidade e xogouse toda a segunda metade en campo rival. As tivemos de todas as cores pero non era o día, se ben en xogo foi un dos mellores encontros da tempada. Pudo ser e non foi, pero non se pode reprochar nada en actitude e en xogo, pois deu gusto ver ao equipo. Esta semana despediremos a liga na casa, nas Gaiandas, ante o Unión Dena.

FICHA TÉCNICA

CD Campolameiro: Vlady, Nino, Tilve, Paulo, Antonio, Rodri, Miguel, Bruno, Lima, Fontán e Juanjo. Tamén xogaron Iván, Rober, Manuel e Xabier.

Gondomar CF: Juan, Romero, Costas, Villa, Bas, Raúl, Álex Villar, Ozores, Samu, Kike Vila e Iván Domínguez. Tamén xogaron Fabio, Antón, Mintes e Carlos.

Árbitro: Pedro Cores Lustres, asistido nas bandas por Alfonso Barreiro Viñas e Pablo Fernández Aboal.

Goles: 1-0 Bruno 14´.

Incidencias: Partido disputado no campo da Chanciña en Campolameiro ante uns 50 espectadores, e con presenza de siareiros do Gondomar CF.