Saltear al contenido principal
Grupo Esypro Volta A Colaborar, E Aporta O Uniforme De Paseo Do Clube

O grupo Esypro volta a apostar fortemente polo Clube, e aporta o uniforme de paseo do Clube, que consiste nun chándal da marca Errea para todos os xogadores e técnicos do Clube. O dos xogadores, branco e azul como as cores da entidade, ten uns detalles tamén en cor azul que o fan moi elegante. Por parte dos técnicos, o chándal será completamente azul marino, cos detalles en vermello, facendo un guiño ás primeiras cores da entidade, cando xogabamos baixo o nome de Sporting Club Gondomar, e vestíamos de vermello na parte de arriba, e de branco no pantalón.

Dende a entidade queremos agradecer a Esypro a súa colaboración, e todas as facilidades dende o primeiro día para poder solventar unha importante demanda da entidade. Por outra banda, salientar a colaboración do expresidente Alfonso Mandado, quen iniciou as conversas para a colaboración. Entre todos, facemos Club.