Saltear al contenido principal
Hoxe Venres, Homexaxe Especial En As Gaiandas: ¡¡¡NON FALTES!!!

No día de hoxe terá lugar un encontro especial nas Gaiandas, onde se rendirá homenaxe ao expresidente D. Juan Antonio González, aos exdirectivos D. Antonio Viza Alonso e D. Doro Penisco; e ao que fora chofer do Clube, D. Miguel Hermida.

Coa organización de ex xogadores do Clube que xogaron na época de D. Juan como presidente e D. Antonio como directivo e delegado, o encontro será de ex xogadores do Clube ante xogadores da actual plantilla. Será as cinco menos cuarto da tarde, e agárdase un bo ambiente nos prolegómenos, onde xuntarémonos moitos despois de tanto tempo sen verse.

Grazas ás familias dos homenaxeados por facer posible esta data, o noso agradecemento por todo, que foi tanto.