Saltear al contenido principal
Juan: «Imos Traballar Para Dar Unha Alegría á Afición»

Hoxe falamos con Juan, xogador que xa militaba a pasada tempada no equipo, e que continuou un ano máis con nós. Juan foi da partida no encontro do pasado domingo, e nestes derradeiros encontros tamén  tivo o merecido protagonismo.

P: Análise do encontro ante o Campolameiro.

R: Comezamos un pouco desaxustados nos primeiros minutos, pero logo activámonos e estivemos bastante ben, combinamos e fixemos boas xogadas, propoñendo as nosas ideas e levándoas a cabo. Na segunda metade estivemos bastante ben tamén. A entrada de Fabio no terreno de xogo deunos ese equilibrio na zona de iniciación para salir desde atrás combinando. Partidazo de todos sen recompensa de novo…  somentes toca seguir traballando duro.

P: ¿Cómo afrontades o encontro ante o Unión Dena? 

R: Afrontamos o encontro ante o Dena cunha boa dinámica. As sensacións pese aos resultado son boas, trátase de entender a idea que nos trasmite o míster, e levala a cabo. Creo que todos nese sentido o fixemos. Vamos a traballar duro para darlle unha alegria á nosa afición.