Saltear al contenido principal
LIGA: A Xornada 10 Ante O Erizana CF, Xa Ten Data E Hora

Regresamos a casa logo do bo resultado da pasada fin de semana. Queremos voltar a sumar de tres cos nosos, logo de facelo na primeira xornada ante o Chaín e na catro ante o Tebra.  Xogaremos no campo de As Gaiandas e farémolo o domingo 10 de novembro, a partires das 17:00 horas. Visítanos o Erizana CF e espérase un gran ambiente no graderío ao supor un gran derbi, ante un equipo que ven de sumar un importante punto ante un dos favoritos, a UD Mos. Co obxetivo de seguir na parte alta da táboa clasificatoria, competiremos dende o primeiro minuto para conquerir algo positivo para os nosos. Será o debut de Antonio Gómez á fronte do equipo, quen xa adestrou toda a semana cos nosos.