Saltear al contenido principal
LIGA: A Xornada 11 Ante A SD Salvatierra, Xa Ten Data E Hora

Voltamos a xogar fora da casa, onde nos estamos mostrando moi sólidos, e queremos voltar a sumar de tres na derradeira xornada como visitantes, ante o CD Nieto por 1-2.  Xogaremos no campo de Dextros e farémolo o domingo 17 de novembro, a partires das 16:45 horas. Visitamos á SD Salvatierra e agárdase un gran ambiente entre dous favoritos, na casa dun Salvatierra que ven de caer 3-0 ante a UD Mos. Co obxetivo de seguir na parte alta da táboa clasificatoria, competiremos dende o primeiro minuto para conquerir algo positivo para os nosos. Será o debut de Antonio Gómez á fronte do equipo fora da casa.