Saltear al contenido principal
LIGA: A Xornada 13 Ante O CD Caldelas, Xa Ten Data E Hora

Voltamos a sair da casa logo do bo empate da pasada fin de semana ante o Tomiño FC e a clara melloría do equipo. Queremos voltar a sumar de tres a domicilio, logo de facelo en Matamá, Xinzo e Nieto.  Xogaremos no campo de O Foxo e farémolo o domingo un de decembro de 2019, ante o CD Caldelas, un dos grandes favoritos que aspirran á liga, onde militan entroutros, o ex xogador do Gondomar e pichichi da categorñia o pasado ano Suso, ou o ex coruxista Jonathan Antúnez.  Haberá un gran ambiente no graderío ao supor un duelo entre dous favoritos. Co obxetivo de seguir na parte alta da táboa clasificatoria, competiremos dende o primeiro minuto para conquerir algo positivo para os nosos.