Saltear al contenido principal
LIGA: O Derbi Da Xornada 5 Ante O Gondomar FB, Xa Ten Data E Hora

Saímos da casa logo do de vencer a pasada semana ante o Tebra nas Gaiandas. Traballaremos por conseguir tres novos puntos que nos permitan seguir no alto da clasificación e permanecer invictos no que vai de campionato. Temos un complexo encontro ante un equipo que ven de empatar co Mos, e que tamén sumou na visita ao actual líder da categoría. Xogaremos no campo de As Cercas e farémolo o domingo seis de outubro, a partires das 17:30 horasá. Visitamos ao Gondomar FC e agárdase un gran ambiente no graderío ao supor un novo e interesante derbi, ante un equipo que xa o pasado ano quedou ás portas do play off. Competiremos dende o primeiro minuto para conquerir algo positivo.