Saltear al contenido principal
Mario Fernández Dalle Un Merecido Punto Ao Gondomar Ante O Tomiño (CRÓNICA)

Gran encontro o que presenciaron os siareiros de Gondomar CF e Tomiño FC nas Gaiandas, que respondían á chamada do conxunto local para presenciar o partido entre dous grandes equipos da categoría. A multitude de ocasións pola parte gondomareña e un gol no desconto, os protagonistas.

Na primeira metade os nosos controlaron o encontro ante un rival con  empuxe, que tentou facer dano con largos golpeos, algo que evitou moi ben a nosa zaga. Os nosos remataban todas as xogadas, e conseguiron dominar dende atrás. O equipo demostra estar mellor asentado cada semana, e vese que vai medrando ese dominio traducido en ocasións de gol. O poder no medio do campo foi total, e esa comodidade plasmouse no verde, onde as ocasións sucedíanse. Pronto adiantaríamonos no marcador tras un asedio sobre a meta visitante, obra de Dani Cabezas. Non durou moito a alegría, pois un trallazo dende o vértice de área esquerdo de Aballe, puxo as táboas no marcador. Rematamos a primeira metade cunha mágoa, volcados sobre a meta de Manu, un disparo ao logueiro de Kevin que podería supoñer o 2-1, rematu nunha contra que resoultou ser o 1-2.

Na segunda metade somentes un equipo, o Gondomar CF. Os nosos xa non acusaron o pesado que estaba o campo, e comézase a ver así tamén o traballo de Zalo, o novo preparador físico da entidade. Mario Fernández tras carrusel de trocos nos equipos anotaría o empate a dous, logo de que perdoáremos numerosas ocasións. Nunha xogada illada nun saque dende o curruncho, volveríase a adiantar o Tomiño, mentres que nos derradeiros minutos, Mario voltaría a empatar o encontro para os nosos, establecendo mínima xustiza ao visto no terreo de xogo. A vindeira semana visitamos ao CD Caldelas.

FICHA TÉCNICA

Gondomar CF: Sebas, Javichu, Marcelo, Romero, Dani Cabezas, Xabi Pereiro, Álex Oya, Kevin, Brais Ramilo e Pablo Ozores. Tamén xogaron Mario Costa, Carlitos, Javi Martínez e Mario Fernández.

Tomiño FC: Manu, André, Rocha, Saúl, Samu, Damián, Dani, Aballe, Diego, Matheus e Sergio. Tamén xogaron Álvaro, Jonatan, Roberto e Nico.

Goles: 1-0 Dani Cabezas, 1-1 Aballe, 1-2 Aballe, 2-2 Mario Fernández, 2-3 Manu y 3-3 Mario Fernández.

Árbitro: David González Collado, do colexio de Vigo. Amonestou pola nosa parte a Álex Oya e Sebas; e pola quenda visitante a Damián, Sergio, Álvaro e Aballe.

Incidencias: Partido disputado no Campo das Gaiandas, ante unhas 250 persoas, nunha tarde no que o tempo non acompañou, e correspondente á xornada 12 de liga.