Saltear al contenido principal
Merecida Victoria Ante El Atlético Cuntis (CRÓNICA)

Partido no que os nosos doron superiores nas Gaiandas, a un rival que tiña as ideas moi claras, pero que veuse superado polo dominio local e polas numerosas ocasións dun equipo que levou a alegría á bancada local.

Arrincaba a primeira metade co equipo de Víctor Santos moi ben plantado sobre o terreo de xogo, e con moita máis profundidade que en partidos anteriores, o cal traduciuse en máis achegamentos á área rival. Así no minuto 18 unha boa intrnada na área rival deixou o balón para que Antón Cabado de chilena, puxese o 1-0 no marcador, levando mínima xustiza ao que se vía no terreo de xogo. O Cuntis reaccionou e buscaba balóns largos e ás nosas costas, algo que defendemos moi ben sen aparentes perigos, e comezaron a buscar os balóns sobre un habilidoso Collins, que non pudo coa nosa defensa. Con algunha ocasión máis para os nosos, chegamos ao descanso co tímido 1-0 favorable. Había que matar  encontro.

Na segunda metade o Cuntis empatou merced a un gol de Fandiño mediada a segunda metade, e tras o carrusel de cambios voltamos a ser superiores. Un longueiro de Costas e accións de Samu, Antón e un peleón e activo Kike Vila, ben nos poideron adiantar. Non sería sen embargo ate o derradeiro minuto cando atoparíamos xustixa, nun balón que cae a Mintes para poñer o 2-1 definitivo. A vindeira semana os nosos desplazaranse ata Campolameiro para xogar a penúltima xornada de liga, e tratar de conquerir tres puntos que a lo menos, nos afasten dos postos de descenso directo.

FICHA TÉCNICA

Gondomar CF: Álex Vila, Villa, Romero, Bas, Costas, Fabio, Iván Domínguez, Raúl, Antón, Kike e Samu. Tamén xogaron Agus e Mintes.

Atlético Cuntis: Saúl, Antonio, Diego, Juan, Javier, José Ramón, Luis, Javi, Fandiño, Arturo e Collins. Tamén xogaron Iván e Adrián.

Árbitro: Abel González Martínez, asistido nas bandas por Eros Lorenzo Álvarez e José Rogelio Veiga Barciela.

Goles: 1-0 Antón 18´, 1-1 Fandiño 63´ e 2-1 Mintes 88´.

Incidencias: Partido disputado no campo das Gaiandas, ante unhas 150 persoas, correspondente á Xornada 32 de Liga.