Saltear al contenido principal
O Equipo Volta Ao Play Off De Ascenso Logo Dunha Traballada Vitoria Ante O Nieto (CRÓNICA)

Gran partido o disputado polos nosos no día de onte, onde a entrega e a competitividade de todos os xogadores, foi premiada cos tres puntos e o calor da nosa afición, que a congregaron uns 50 siareiros. No cómputo xeral fomos moi superiores, e poidemos vir cunha renta maior dun complicado campo, onde as medidas e a intensidade e bo facer do equipo rival, deron máis mérito ao triunfo dos nosos.

Na primeira metade o equipo saiu moi enchufado, coa idea clara de poñerlle cerco á meta local e tentar abrir a lata o antes posible. Conscientes diso, Antón, Pablo Gul e Xabi Pereiro, puxeron as primeiras ocasións. Sería Pablo Ozores, quen fixo un encontro cheo de sacrificio, quen anotaría o 0-1 para os nosos, ao transformar un penalti cometido sobre un eléctico Antón, que foi a cruz da zaga local. Co paso dos minutos o equipo mostrouse máis sólido e chegaron máis oportunidades para ampliar a renta, tanto en xogada como en accións de estratexia. Ao rival costáballe chegar á nosa porta e na ocasión que dispuxeron, un atento Sebas evitou que o perigo fose a máis. Con ese resultado chegaríamos ao tempo de lecer.

Despois do paso por vestiarios, os nosos voltaron a saír moi enchufados, buscando o segundo gol que dese tranquilidade, e así en ocasións de Gul e Pereiro, merecemos facelo. Sen embargo nunha moi boa contra, os locais empatarían o encontro no que foi a única chegada de xogada ao noso área da segunda metade. A partires de ahí somentes houbo un equipo, o Gondomar CF. O Nieto tentou sorprender colgando balóns en accións de estratexia dende campo propio ou con golpeos dende atrás, xogando co vento a favor, pero os nosos estiveron moi acertados, e Sebas salvou outra ocasión de perigo. Dani Cabezas adiantaría novamente aos miñoranos co saque dunha falta, pero antes Xabi Pereiro tería dous mans a mans que desbataría ben Antonio, e Pablo Gul tamén gozou dun bo disparo. Ramilo tivo tamén a súa oportunidade e tras o gol de Dani, estrellamos un balón ao pao en outra ocasión moi clara. O marcador non se movería e os tres puntos van para o Gondomar CF, que volta a estar en postos de play off, e a tres puntos do liderado.

FICHA TÉCNICA

CD Nieto: Antonio, Rubén, Edu, Miguel, Sergio, Dani, Pablo, Mario, Cristian, Andrés e Alejandro. Tamén xogaron Fernando e Adrián.

Gondomar CF: Sebas, Javichu, Marcelo, Romero, Dani Cabezas, Xabi Pereiro, Carlitos, Pablo Gul, Brais, Antón Cabado e Pablo Ozores. Tamén xogaron Mario Costa, Álex Oya, Sergio Ramilo e Mario Fernández.

Goles: 0-1 Pablo Ozores 17´, 1-1 Mario 51´ e 1-2 Dani Cabezas 80´.

Árbitro: Martín Goce Veiga, do colexio de Vigo. Amonestou pola nosa parte con cartón amarelo aos xogadores Pablo Ozores, Álex Oya e Xabi Pereiro, e ao técnico Manu Cerón; e pola quenda visitante aos xogadores Andrés, Dani, Pablo, Miguel e Edu.

Incidencias: Partido disputado no Campo do Meixoeiro de Vigo, ante unhas 100 persoas, nunha tarde no que o choveu por momentos, e correspondente á xornada 9 de liga.