Saltear al contenido principal
O FC Porto Triunfou Nas Gaiandas O Pasado Sábado

O pasado sábado disputouse na nosa casa a primeira edición da Copa Primavera Benxamín do Gondomar CF. O FC Porto alzouse co trofeo logo dunha disputadísima final ante un gran Coruxo, que tamén fixo moi bo torneo. Tamén participaron no mesmo dous equipos do Alertanavia, o Ribera, Matamá, Candeán, Sárdoma, Chapela, Goián, Cobres, Rápido de Bouzas, Ribadavia, Mondariz e Piringalla. Representación internacional e das provincias galegas nun día para a lembranza.

Nesa festa na que houbo unha boa degustación gastronómica, a nota positiva a puxo a deportividade entre todos os equipos e o bo facer de todos os voluntarios. Dende o Clube queremos agradecer especialmente a Chiño, Pintos, DJ Abu, Álex Vila, Agus, Ozores, Claudia, Costas, Bas, Joao, Víctor e toda a directiva pola súa colaboración. Mención especial para Aguasana, a Flor de Nigrán e moi agarimosamente a Copena, sen os cuales todo esto non sería posible. Grazas tamén a todos os que vos pasáchedes polas Gaiandas, afeción, ex directivos e ex presidentes, por contribuir a que o Clube siga medrando. O facemos entre todos, o facemos para todos.