Saltear al contenido principal
#OrgulloDunhaCentenariaHistoria ¿A Quén Recoñeces Da Fotografía?

Hoxe repasaremos estes 105 anos do Clube, homenaxeando o primeiro ascenso á Terceira División do Clube Gondomar, que baixo a presidencia de D. Manuel Núñez Sestelo, trocou o nome do Clube que se utilizaba dende 1944, a Club de Fútbol Gondomar.

Ese ascenso prodúcese tras enfrontarse os nosos ao Meirás CF de Valdoviño na promoción de ascenso, tras ser subcampións do grupo sur. Na ida o resultado foi de empate a un gol. Marcara Chapela tras unha gran xogada de Javier o Xemelgo.

O partido de volta nas Gaiandas xogouse o 6 de Xuño de 1982. Coas bancadas ateigadas, a xente recorda aquel día cheo de ruido, bocinas e gaitas que animaban ó público.  O Gondomar formou con Cobas, Zamora, Herrera, Rodolfo, Lomba, Manel, Ricardo, Camiño, Chapela, Arieta e Javier. Moncho substituiría a Camiño.

Tras unha falta botada por Javier no 34´, Ricardo puxo o 1-0 no marcador. Arieta no 47´anotaría o segundo dende a frontal da área tras un rexeite, cun tiro raso cruzado. Picos recurtaría dferezas no 73´cun disparo dende fora da área No 83´Javier conseguiu para os nosos un gol olímpico, e cando estaba rematando o encontro, volvería a marcar Javier tras unha grande xogada con Chapela, na que o primeiro remata índose en velocidade da defensa e levar o resultado final a 4-1 para o delirio dos gondomareños.

Descubrimos o quén é quén desta fotografía, tomada no campo das Gaiandas:

Arriba: Moncho, Herrera, Lomba, Zamorita, Manel e Enrique.

Abaixo: Cobas, Ricardo, Arieta, Chapela, Javier e Rodolfo.

Tombado: Lito Hermida.