Saltear al contenido principal
#OrgulloDunhaCentenariaHistoria ¿A Quén Recoñeces Da Fotografía?

Hoxe repasaremos estes 105 anos do Clube, ao último equipo que militou nas Gaiandas cando a superficie do terreo de xogo era de terra. Trátase da tempada 87-88, concretamente a imaxe é de pretempada, e foi un ano no que o Clube a piques estivo de xogar a Copa do Rei.

Descubrimos o quén é quén desta fotografía, tomada na nosa casa:

Arriba: Flores, Feti, Job, Paco, Álvaro, Pupi e Soto (adestrador).

Abaixo: Nardi, Javi, Óscar, Rafita, García, Santi e Berto.