Saltear al contenido principal
#OrgulloDunhaCentenariaHistoria ¿A Quén Recoñeces Da Fotografía?

Neste mes que adicamos á muller, a primeira fotografía tiña que ir adicada a elas. A esas mulleres que fixeron historia no noso Clube. Hoxe repasaremos estes 105 anos do Clube, homenaxeando ás loitadoras que superaron tantas barreiras e que tantas alegrías deron a Gondomar. Esas mulleres quechegaron ateigar As Gaiandas, e que acapararon tanta imaxe en prensa de tirada nacional. Unhas mulleres que xuntáronse co propósito de conseguir fondos para unha viaxe para fin de curso a través dun encontro amigable e que remataron sendo como recoñecen: un EQUIPO.  Comandadas por Lito Hermida (Lito de Manuela), escribiron de cor dorurada, varias páxinas da historia do noso Clube. Grazas por ser orgullo, bandeira, e sobre todo, exemplo.

Descubrimos o quén é quén desta fotografía, tomada no campo das Gaiandas:

Arriba: Villar, Neri, Mantilla, Nati, Marina, Leiras e Lito.

Abaixo: Maruja, Merchi, Tere, Pichi e Puri.