Saltear al contenido principal
Os Socios Aproban, Por Unanimidade, A Xestión Do Clube

Novos tempos para o Clube trala Asamblea Ordinaria correspondente, na que os socios do Clube aprobaron por unanimidade a xestión da directiva. Moisés Iglesias presentou á directiva, mentres que se fixo balance de tema económico e deportivo, onde os socios aprobaron a xestión con todos os votos a favor. Asimesmo aprobaron a inorporación de Ana Maria Davila como directiva e secretaria, trala solicitude do presidente á Asamblea. A xestión económica foi aprobada logo de que por primeira vez se entregase aos socios un dosier para previo estudo antes da Asamblea. De ahí que se usasen duas quendas para a correcta celebración de todos os puntos. Logo de amplo debate entre socios e directiva e coa idea de facer un todo e sumar para levar adiante o Clube, directiva e socios puxeron un punto de inicio para o entendemento e para o traballo común polo ben da centenaria entidade. Dende o Clube e a directiva, agradecer aos socios a vontade dun novo tempo, a faculdade de diálogo, e a xenerosidade na comprensión de calquer erro anterior e disposición para a axuda. Voltaremos, e farémolo XUNTOS.