Saltear al contenido principal
Parte Médico: Iván Domínguez

O mediocentro Iván Domínguez caeu lesionado no partido de onte, o que lle levou a ser substituido no minuto 17 de encontro por Fabio, tras unha forte contusión na perna dereita. Acto seguido e a primeira hora de hoxe, foi derivado aos especialistas sanitarios cos que traballa o Clube. O tempo estimado da baixa será de aproximadamente de entre dous e sete días, polo que podería ter opcións de chegar ao partido do domingo, e ser da partida no equipo de Víctor Santos.

O diagnóstico é o seguinte:

  • Esguince metatarsofalángico do primeiro dedo do pé por mecanismo de torsión.
  • Torsión externa da tibia con activación de puntos gatillo miofasciales do bíceps femoral, vasto lateral do xemelgo, e vasto lateral do cuádriceps.