Saltear al contenido principal
Perdoamos Na Copa, E A Por Todas Na Liga (CRÓNICA)

Moi bo partido o disputado polos nosos en Salceda de Caselas no día de onte, ante un Caselas que pese a ser un candidato a subir a Preferente, non mostrou tanta diferenza no verde. De feito, os nosos saíron moi enchufados, con dominio de balón en un gran xogo. Os locais pese a iso adiantaríanse no electrónico merced a un gol de Groba tras un saque dende o curruncho. Se ben o poderío local somentes campaba no marcados, pois fomos ao descanso con ese resultado de un a cero, tras desbaratar ata cinco ocasións claras de gol, onde se debería haber matado a eliminatoria.

A segunda metade arrancou cun gran gol de Samu, que facía mínima xustiza ao visto no terreo de xogo, e abocaba o encontro aos penaltis. Se ben unha xogada desgraciada volveunos a poñer por detrás nun marcador que non se movería, merced a un gol de Freijeiro. Salientar que na derradeira xogada do encontro non foi axubiado un penalti a prol dos nosos, que houbese dado a posibilidade de levar á quenda final o encontro. Felicitar aos de Salceda pola vitoria e desexarlles moita sorte no que resta de competición. Os nosos volverán a xogar o domingo en Arcade.

FICHA TÉCNICA

Gondomar CF: Juan, Romero, Villa, Javi, Bas, Fabio, Brais, Raúl, Ozores, Kike e Samu. Tamén xogaron Adrián, Mintes, Villar e Agus.

Árbitro: Pablo Álvarez Calderón, asistido nas bandas por Cristian Pregal Fernández e Borja Rial Álvarez.

Goles: 1-0 Groba 6´, 1-1 Samu 60´e 2-1 Freijeiro 67´.

Incidencias: Partido disputado no campo da Gándara de Salceda de Caselas, ante unhas 50 persoas, correspondente á Copa Deputación de Pontevedra.