Saltear al contenido principal
Primeiros Movementos Nun Plantel Que Buscará O Retorno á Primeira

Comezan os movementos no plantel que buscará o retorno á Primeira Autonómica. Con tempo e planificación, a dirección deportiva e o corpo técnico, levan moitas semanas traballando nun equipo que volte a ilusionar e que ten como único obxectivo, o ascenso de categoría. Nese senxo e atendendo aos xogadores que estiveron este ano no Clube, a información é a seguinte:

Baixas

No capítulo de baixas non continuarán os porteiros. Ofrecéuselle a renovación a Álex Vila, quen aceptou unha oferta de superior categoría, e unirase ao Cultural Areas de Preferente. No caso de Juan, ao que tamén se lle ofreceu a renovación, un ano de estudo ERASMUS en Francia non nos permitirá contar con él. Non continuarán no Clube Álex Villar nin Fabio, do mesmo xeito que Samu Puime e Javi Martínez, todos chegados no mercado de inverno, a éste último si se lle ofreceu a renovación. Raúl Pérez vaise a Madrid por traballo, polo que non puido aceptar a proposta de renovación que se lle plantexou. E como últimas baixas que se poidan confirmar ate o momento, Iván Domínguez tampouco continuará vestindo a elástica do noso conxunto, e tampouco un Kike Vila ao que se lle ofreceu a renovación.

A todos eles desexámoslles o mellor, na sua carreira deportiva pero sobre todo a nivel persoal. Deixan unha pegada nun Clube polo que apostaron nun momento difícil, e coidamos que teñan o exito que merecen.

Renovacións

No que atingue a renovacións, sete son os xogadores que aceptaron a proposta de renovación na entidade. Os defensas gondomareños Romero Agus. Tamén o defensa Carlos (tiña contrato en vigor), e súmase ao equipo Gabri, que estivo adestrando con nós no derradeiro tramo de tempada, e que procede do Coruxo Xuvenil. Tamén confirmaron a súa continuidade no plantel o xogador Pablo Ozores, e os tamén miñoranos David Bas e Antón Cabado.

 

Nos próximos días faranse as primeiras presentacións dun plantel que xa conta con ata dez novas incorporacións, que darán un salto de calidade ao equipo e que ben seguro consiguen animar a unha afeción deseosa de bo fútbol e grandes resultados cada domingo. Todo encamiñado a recuperar o terreo perdido, e coa convicción de que #Voltaremos