Saltear al contenido principal
Rafa Xa é #UnDosNosos

O dianteiro de 23 anos Rafael Pérez Gesteiro,  afincado en Vigo, convértese na sexta fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado no Coruxo, Comesaña, Gondomar e Rápido de Bouzas, recala na nosa entidade tras ascender co Chain a primeira, e procedente do Gran Peña, onde foi o máximo anotador en liga do seu conxunto, co que acaba de ascender á Preferente. Un home ascenso que dará experiencia e goles nas Gaiandas, e unha ilusionante incorporación que aúna calidade, compromiso e xuventude.

Agora, co obxectivo de voltar á primeira, destacou que «me llama la atención del Club por haber jugado en el Gondomar FB en categorías inferiores, con gente que forma este proyecto, me gusta la cercanía de la gente y me atrae el proyecto deportivo. A la afición le pido que nos apoye, vamos a pelear desde el minuto uno por el objetivo que no es otro que el devolver el equipo a donde merece».

Moitos éxitos Rafa, e grazas por entoar o noso #EuAxudoAVoltar