Saltear al contenido principal
Sebas: «Teño Moita Confianza No Clube, Técnicos E Compañeiros; Somos Unha Piña»

Seguimos co formato de entrevistas esta tempada, onde debuta Sebas, que ven de ser un dos protagonistas no empate do equipo ante a UD Mos, realizando grandes intervencións e aportando a solvencia necesaria para conquerir este importante punto.

Pregunta: Como ex xogador do Mos, partido especial ¿non si?

Resposta: Cómo exporteiro do Mos podo dicir que era un partido especial para min. Deixei alí moitos excompañeiros e algún deles novos cos que coincidin noutros equipos, e cos que tiña unha boa amizade dentro e fora do campo. En especial un gran compañeiro que tanto no Mos coma no Caselas foi como un pai para min e siempre estivo cando máis o necesitei, Bugallo. Por iso era un partido que non quería perder, e no que a motivación era máxima.

P: ¿Con qué quedas do empate do outro día?
R: Quédome especialmente coa mellora que tivemos a medida que pasaban os minutos. O Mos comezou moi ben, pero cos minutos encontrabámonos mellor e cada vez máis cómodos. Así tivemos mellor xogo e máis orden ca eles na segunda parte. Quédome moi contento co traballo defensivo e táctico de todo o equipo. É un punto moi importante na casa do Mos, con mellores sensacións ca o domingo pasado, e temos que seguir así, mellorando con cada adestramento e con cada partido. Os resultados chegaran por si solos.

P: ¿Cómo afrontas a tempada e cómo ves ao equipo?
R: Afronto a tempada con moita ilusión, con ganas de aportarlle o máximo ó equipo, con moitas ganas de mellora día a día, e con toda a forza do mundo para devolver ó Gondomar onde se merece. Teño moitísima confianza neste equipo, tanto no corpo técnico, coma en cada un dos meus compañeiros. Somos unha piña tanto dentro coma fora do campo e iso notouse nos dous partidos que levamos, especialmente neste último, onde loitamos xuntos e sacamos un punto importante nun campo difícil e deixando a portería a cero. Seguiremos loitando, xuntos.