Saltear al contenido principal
Un Partido Desigual Entre Iguais, Remata Con Vitoria Visitante (CRÓNICA)

Partido accidentado nas Gaiandas, que rápidamente púxose en contra, cando todavía non había chegado todo o mundo ao Campo ou á súa cadeira. Prodúcese un penalti favorable ao Mos, que non desaproveitou Tomás para poñer en vantaxe aos seus logo de quedar nós cun home menos. Nas protestas polo penalti, o noso capitán Villa recibiu dous cartóns amarelos de seguido, deixando ao equipo en inferioridade numérica os 85´restantes.

Había que remar contra vento e marea, algo que fixeron os nosos, pois en ningún momento deixaron que se notase a diferenza numérica e competiron dandoo todo, nun encontro que poidemos empatar antes do descanso en ocasións de varios xogadores.

Na segunda metade Tomás volveu a anotar para os seus nada máis saír do túnel de vestiarios, o que enerraba as nosas opcións de sumar. Intentámolo pese a iso con moitas chegadas dende banda, pero o marcador no se movería e o Mos levaría tres puntos cheos de oficio, que pelexamos ata o final. A vindeira semana visitaremos ao Gran Peña no campo de Barreiro.

FICHA TÉCNICA

Gondomar CF: Juan, Villar, Villa, Javi, Mintes, Bas, Fabio, Raúl, Ozores, Kike e Samu. Tamén xogaron Agus, Iván Domínguez, Carlos e Costas.

UD Mos: Bena, Bugallo, Marcos, Ferre, Leiros, Brais, Tomás, Rubén, Emilio,Ríos e Covelo. Tamén xogaron  Carlos, José Ángel, Diego, Alonso e Villar.

Árbitro: Uxío Caamaño Vázquez, asistido nas bandas por Jorge Juan García Rodríguez e Julio César García Carrera.

Goles: -0-1 Tomás 6´ e 0-2 Tomás 46´.

Incidencias: Partido disputado no campo das, ante unhas 100 persoas, correspondente á Xornada 28 de Liga.