Saltear al contenido principal
Víctor Santos: «Ante O Guardés Agardamos Seguir Na Nosa Mellor Versión»

Quenda agora para a análise do noso técnico, Víctor Santos, que valora o momento da tempada, o encontro do pasado domingo ante o Gran Peña, e o vindeiro partido a xogar, que será ante o Sporting Guardés.

P: Análise do encontro ante o Gran Peña:

R: O partido foi nun escenario inmellorable por dimensións e estado do terreo de xogo, a pesares da climatoloxía. Nos primeiros minutos comezamos planos, non circulabamos moito a pelota e o facíamos erronemanete. Períamos a posesión moi cedo, e non superabamos ao rival; ahí conseguiron o gol. A partires do minuto vinte igualamos, e nos derradeiros minutos xa fomos quén de atoparnos e conseguir o que plantexabamos. No descanso corriximos e na segunda metade o encontro foi noso. Eles tiveron un lanzamento o longueiro e aderradeira xogada, pero sacando eso fixemos un despliegue físico e de xogo, do mellor da tempada. Tivemos varias ocasións, Adrián conseguiu empatar e inda tivemos máis. O punto negativo cecais e que non nos atrevemos ou non soubemosa finalizar algunha ocasión onde tiñamos vantaxe, a lo menos, para finalizar. Ao final un punto ante un rival complicado que está pelexando o play off e nun escenario inmellorable.

P: ¿Como afronta o equipo o encontro ante o Sp. Guardés?

R: Agardamos ver a nosa mellor versión. Temos gañas de facer un partido redondo na nosa casa e imos poñer aos xogadores na mellor situación posible, e estar en disposición de superar a un dos mellores equipos da categoría, que xa demostrounos moito no encontro de ida, onde tamen fixemos un gran encontro. Conseguimos un empate e fixemos un gran despliegue de xogo e físico, e queremos a lo menos, igualar  a actuación que tivemos no seu campo e conseguir os tres puntos, tentando dar o maior número de alegrías de aquí ao final de tempada.