Saltear al contenido principal
Víctor Santos: «Fixemos Por Momentos, O Mellor Fútbol Da Tempada»

Quenda agora para a análise do noso técnico, Víctor Santos, que valora o encontro do pasado domingo ante o Campolameiro, e o vindeiro partido a xogar, que será ante o Unión Dena.

P: Análise do encontro ante o Campolameiro:

R: Creo que fixemos por momentos o mellor fútbol da tempada, moi ben coa pelota e bastante organizados para recuperala cando a perdiamos. Dende o gol deles pasamos a dominar o encontro, e pese ao calor e aos paróns para hidratarnos o equipo quixo e fixo o seu mellor fútbol. Tivemos oportunidades, pero non soubemos concretalas e por contra eles salvo en contadas ocasión, non se achegaron pola nosa área. En resumo, un partido máis no que o grupo deu a cara a segue a competir sen baixar os brazos.

P: ¿Como afronta o equipo o encontro ante o Unión Dena?

R: Para a vindeira e derradeira xornada, queremos despedirnos da competición cunha vitoria, e para eso debemos facer a mellor semana posible de adestramentos, e afrontar o partido de maneira positiva. Con ganas de mellorar o fútbol feito nesta derradeira xornada, que como dixen foi do mellor que fixemos.