Saltear al contenido principal
Víctor Santos: «O Equipo é Valiente, Traballa Ben, E Vai Medrando Cada Semana»

Quenda de entrevista para o adestrador Víctor Santos, que tra-lo turno do xogador Javichu, que analiza a importante vitoria ante o Matamá a domicilio, e o futuro encontro, que será o derbi ante un Tebra FC que tamén ven de conquerir un importante punto ante a UD Mos.

Pregunta: Partido moi trabado, pero consolídase o bo arrinque do equipo, ¿non si?

Resposta: Fixemos unha moi boa primeira parte, dominamos e por momentos con bo futbol. Conseguimos ese primeiro gol nunha boa accion combinada e un bo testarazo de Ramilo. A renglón seguido, eles logran un empate nunha contra moi rápida e nós volvemos a poñer tamén moi rapido o un dous no marcador. Creo que nesa primeira parte o equipo mostrou tanto nesa faceta defensiva como na ofensiva bastante equilibrio, con confianza na pelota, fixemos unha boa primeira parte. Na segunda parte mudou o partido, o rival utilizou todos medios ao seu alcance para apretarnos, para levarnos ó limite, e ahí creo que a boa nova foi a personalidade do equipo. A nivel defensivo creo que estivemos casi impecables. Cando falo de nivel defensivo falo de todo o grupo, falo de que todo o mundo aportou, todo o mundo defendeu, e o único pero que podo poñer á segunda parte foi non haber tido un pouquiño máis de claridade nas contras, e que creo que o partido se prestaba a facer moito dano á contra. Tivemos tres ou catro moi claras, non as concretamos, pero creo que ahí podíamos haber conseguido ter algunha máis. Penso que é bo que nos leven ao limite, que os partidos sexan dificiles, que os rivais busquen recursos para poder facernos dano. A boa nova e que o equipo está encontrando respostas e de ahí ese bo inicio de liga, o cal nos da marxe para gañar confianza e para seguir mellorando.

P: Chega o Tebra, outro derbi no que se poden igualar as forzas, e que ven de empatar ante o Mos
R: Hai xente que levou golpes, hai xente que pensamos que podemos recuperar esta semana xa de cara a vindeira xornada de liga. Voltamos ás Gaiandas, o cal creo que e unha boa nova. Ahi témonos que facer moi fortes, ahí e donde vai estar o secreto da temporada. Se estamos fortes en Gaiandas, fora vamos a sumar, porque o equipo é valiente e atrevido; e nas Gaiandas temos que facer de ahí un forrtín. Temos que sumar a maior grande parte dos puntos, entonces independientemente de que sexa un derbi, de que sexa o Tebra ou quen veña, en Gaiandas temos que mostrar a nosa personalidade, dominar os encontros de principio a fin e sacar os tres puntos. Cada partido na casa ten que ser unha demostración de solidez, de fiabilidade, e eso é o que queremos demostrar esta fin de semana na volta a nosa casa.

P: ¿Con qué sensacións quedas neste inicio de liga, e cal e a marxe de mellora do plantel?
R: Marxe de mellora a día de hoxe é moita, tanto a nivel ofensivo onde creo que temos que mellorar a movilidade e confiar máis no compañeiro. Temos que mellorar un poquiño o xogo sen balón onde a xente se ten que atrever a tirar desmarques, atreverse a moverse e a partir de ahí, xeneraremos máis dificultades. Tamén esta movilidade nos dará un pouquiño de desorde e temos que gañar un pouco en reorganización defensiva tras pérdida de balón. O equipo quere facelo, pero de momento aínda nos costa, nalgunhas fases de partido. Por exemplo, o domingo na segunda parte ter un pouquiño máis o balón, e sacar unhas contras con máis claridade. O equipo está adestrando ben, con boa actitude, está a crecer cada semana e con dificultades que estamos sabendo solucionar sobre a marcha, pero creo que podemos alargar máis esa confianza co balón para dominar os partidos, e a nivel defensivo tamen podemos mellorar en solidez. Nesas contras, nesos pelotazos largos nos que temos que estar un cen por cen cada segundo do partido, porque en cada pelota dividida, en cada balón longo nos poden facer ocasión de gol. Ahí está a mellora e estou seguro que o vamos a conseguir.