Saltear al contenido principal
Víctor Santos: «Satisfeito Porque O Equipo Segue Competindo»

Quenda agora para a análise do noso técnico, Víctor Santos, que valora o momento da tempada, o encontro do pasado domingo ante o Atlético Cuntis, e o vindeiro partido a xogar, que será ante o Campolameiro.

P: Análise do encontro ante o Atlético Cuntis:

R: Retomamos o camiño logo do anterior tan decepcionante. Saímos serios, adaptámonos ás circunstancias e ao rival, que plantexou un partido moi directo e con balóns moi longos. Sufrimos un pouco con tanta falta pitada, pero defendemos moi ben e cando non gañabamos a desputa, a defensa gañaba o segundo balón e estivemos ben. Pronto conseguimos o primeiro gol cunha gran xogada de Iván e rematando Antón. Na segunda metade nunha xogada desaforunada empátanos e pese a iso, seguimos ahí, subimos máis arriba e a fortuna que noutras ocasións non tivemos, pois acompañounos desta vez e conseguimos un premio ao traballo co gol de mintes. Satisfación por voltar ao camiño e polo resultado do equipo.

P: ¿Como afronta o equipo o encontro ante o Campolameiro?

R: Quedan duas xornadas e seguimos coa idea de gañar o máximo, e seguir na línea de seriedade e traballo do derradeiro partido. Esperamos recuperar a xente logo do mermados que estabamos esta semana. Xogamos contra un rival duro e práctico que xa na primeira volta nos puxo en apuros, pero con traballo conseguiremos o obxectivo.