Saltear al contenido principal
Víctor Santos: «Temos Unha Plantilla Moi Boa Na Que Todos Poden Axudar»

Quenda de entrevista para o adestrador Víctor Santos, que tra-lo turno do xogador Sebas, analiza o importante empate ante o Mos a domicilio, e o futuro encontro no sempre complicado campo do Matamá.

Pregunta: Catro puntos en duas xornadas, e xogando contra dous favoritos, ¿qué valoración fas?

Resposta: ten que ser positiva, creo que nunha primeira xornada na que non estivemos brillantes, soubemos sufrir, traballar en equipo, agarrarnos o partido e conseguir esos tres primeiros puntos na casa, ante un rival complicado e nunhas circunstancías tamén complicadas para nós. Creo que neste partido da segunda xornada, o equipo empezou xa a mostrar un pouquiño as súas señas de identidad, de traballar os partidos, de tratar de dominalos, competimos moi ben. A primeira parte custounos un pouco máis, pero creo que na segunda xogouse máis ó que quiso o Gondomar que ó que quiso o Mos, polo que a valoración de estes dous partidos é positiva.

P: ¿Qué sensacións deixou o derradeiro encontro de liga?
R: Eles empezaron mellor, fixeron duas ou tres contras tras perdas en zonas perigosas, que nos poideron custar un gol. O equipo foi a máis, rematamos o primeiro tempo xa nunha bos dinámica de xogo, controlando xa máis as suas contras e creando nós algunha situación de gol. Nun día no que calentaba moitísimo o sol e que o partido fíxose a un ritmo bastante alto. No segundo tempo demos un paso adiante en todos os sentidos, tanto a nivel defensivo como ofensivo, creemos nas nosas posibilidades, e fomos a polo partido. Eles tiveron duas ou tres ocasións boas, pero o dominador da segunda fomos nós con ocasións e con xogo. Tamén destacar tamén a moi boa resposta positiva de todos os xogadores que foron entrando pouco a pouco dende o banquillo. Ó final fixemos todos os cambios, o que refrescou o equipo e todos os que entraron deron un nivel altísimo e mais alá de manter o nivel que xa era bo, incluso axudaron a dar un pasiño máis. Eso creo que pode ser unha das claves dos vindeiros partidos e da liga, que temos unha plantilla moi competitiva na que todos poden axudar e que a dinámica ten que ser esa. Todos os que entren dende o banquillo, teñen que intentar de seguir mantendo o nivel dos compañeiros e incluso darlles un pouquiño máis que é o que pasou esta semana.

P: ¿Onde pode estar a clave para superar ó Matamá?
R: Contra o Matamá primeiro como sempre adestrar ben durante a semana. Os lesionados vanse reincorporando, nas próximas datas poderíamos recuperar xa algún, o que é positivo no punto de vista da competencia para xogar e despois tamén por parte do corpo técnico, a posibilidade de elixir os que creamos que están mellor. A clave é que nós sexamos capaces de facer o noso fútbol, de entrar ben no encontro, e que respetemos aos rivais, porque todos van a ser dificiles. Agora mesmo no inicio de liga non sabemos o potencial que van a ter todos os rivais realmente, pero sabemos que todos nos van a poñer en problemas. Debemos respetar a todo o mundo e tratar de ir en cada partido a polos tres puntos como fixemos esta semana, independientemente de que xoguemos fora ou non da casa. Queremos manter a nosa personalidade no campo, as nosas ideas, a eso vamos ir, e estou seguro de que si somos capaces a mostrar o noso fútbol, estamos moito máis cerca da victoria