Saltear al contenido principal
Xa Está Aquí A Cena De Nadal Do Clube: NON FALTES!!!

Un ano máis, chega o tempo de xuntarse no Nadal, e a familia do Gondomar CF reúnese no restaurante As Colinas, para desfrutar dunha velada con baile, no que coidamos que sexa outra exitosa convocatoria como a do ano pasado. Cun menú variado e un prezo polular, antigos e actuais directivos, xogadores e técnicos, reunímonos para lembrar anécdotas e pasar unha noite en familia, que ben seguro servirá de conxura para loitar todos xuntos polo ascenso. Haberá bo ambiente, música e luz, boa comida, baile e moito fútbol sobre a mesa. Non podes faltar. Podes recoller as entradas no campo de fútbol das Gaiandas o domingo, ou falando con algún dos nosos directivos.