Saltear al contenido principal
Xornada De Solidariedade Nas Gaiandas

O Campo de fútbol das Gaiandas acolleu no día de onte, unha xornada moi especial. O noso equipo organizou un triangular en favor da Asociación Española Contra o Cancro. Val Miñor e Gondomar FB responderon afirmativamente sen dudalo ao convite, e regalaron aos espectadores tres encontros xunto cos nosos, cheos de fútbol e moi limpos, e con goles. Pero independentemente dos resultados no campo, quen saíu gañando foi a Asociación, que levou o recadado nas rifas, e ademáis puxeron unha mesa de colaboración con diferentes petos.

Dende o Clube queremos agradcer aos equipos participantes, a Asociación e os seus voluntarios, a Yolanda, a DJ Abu e a todos os que vos achegástedes ao campo, a participación e a vosa contribución cunha gran causa. De corazón, +350 veces grazas.

No que a resultados dportivos refírese, os nosos empataron a un gol ante o Val Miñor e vencemos ao Gondomar FB pola mínima. No outro encontro, o Val Miñor caeu derrotado pola mínima ante o Gondomar FB.